Noticias

AXUDA ALUGUEIRO DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL PARA O ACCESO A VIVENDA

Asesoría Prego > Nuestro blog > Noticias > AXUDA ALUGUEIRO DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL PARA O ACCESO A VIVENDA
Ayuda vivienda
  • Noticias
  • No hay comentarios
  • Demadi

 Beneficiarios:

As persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.

b) Ser titular, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. Os contratos deberán ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.

c) Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria, o que se deberá acreditar mediante certificado ou volante de empadroamento, en que consten, á data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugamento.

d) Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos no ordinal oitavo destas bases reguladoras.

e) Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. 20.844,72

O límite será de 4 veces o IPREM no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo. O límite será de 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %.

f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.

g) As persoas beneficiarias deberán atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma

Obrigas das persoas beneficiarias:

As persoas beneficiarias, ademais de cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 da
Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberán cumprir as seguintes:

1. Xustificar a subvención conforme o previsto nestas bases reguladoras.

2. Residir habitual e permanentemente na vivenda durante todo o período polo que se conceda a axuda.

3. Permitirlle ao IGVS a realización das inspeccións e/ou as comprobacións que se
consideren oportunas para verificar a exactitude dos datos achegados e/ou o destino da subvención concedida.

4. Estar ao día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade
Social no momento en que se aboe a subvención.

5. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

6. As demais obrigas que derivan desta resolución.

Contía e duración das axudas:

1. Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda do 50 % da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda habitual e permanente.

2. A contía da axuda recoñecida na resolución de concesión determinarase en función da renda establecida no contrato, sen que en ningún caso o seu importe poida ser incrementado, aínda que a citada renda aumente ao longo da duración do contrato.

En caso de estar interesado en solicitar la ayuda, no dude en ponerse en contacto con nosotros.

                            #ASESORIAPREGO#

Autor: Demadi