PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO TR890A – 2023

Índice
Persoas beneficiarias:
- As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, no Réxime de Traballadores do Mar por conta propia ou as persoas mutualistas cuns rendementos netos por actividades económicas no 2021 entre 10.000€ e un máximo de 30.000€.
- As microempresas, sociedades de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, cunha facturación no 2021 entre 000€ e 750.000€.
- As persoas traballadoras autónomas de tempada de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude e que teñan estado de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no 2021 e no 2022.
¡As persoas autónomas que sexan, a súa vez, autónomas societarias só poderán presentar unha solicitude!
Requisitos das persoas e entidades beneficiarias:
- Estar de alta ou en situación asimilada, mínimo 6 meses ininterrompidos antes da publicación desta axuda no RETA ou mutualidade correspondente.
- Ter domicilio fiscal en Galicia
- No caso das persoas traballadoras autónomas ou mutualistas, ter declarados uns rendementos netos entre 10.000€ e 30.000€ no ano 2021.
- No caso de empresas, comunidades de bens ou sociedades civis, ter declarada unha facturación non superior aos 750.000€ no 2021.
- No caso de contar cun establecemento fixo aberto ao público, mantelo aberto durante os 6 meses posteriores á publicación desta convocatoria.
Obrigas das persoas beneficiarias:
Entre as obrigas asumidas polas persoas beneficiarias, atópanse as seguintes:
- No caso de persoas autónomas, manter a actividade económica e a alta no RETA, no Réxime Especial do Mar por conta propia ou como mutualista durante un mínimo de 6 meses desde a publicación desta axuda.
- No caso das microempresas, sociedades de economía social, comunidades de bens e sociedades civís, manter a actividade económica durante un mínimo de 6 meses desde a publicación desta axuda.
Cuantía da Axuda Persoas autónomas:
- En estimación obxectiva: 800€
- En estimación directa:
- Con rendementos netos no 2021 entre 10.000€ e ata 20.000€: 1.500 €
- Con rendementos netos no 2021 entre 20.001€ e 30.000€: 1.200 € Microempresas, comunidades de bens ou sociedades civís:
- Cunha facturación no 2021 entre 50.000€ e 250.000€: 1.500 €
- Cunha facturación no 2021 entre 250.001€ e 750.000€: 1.200 €
- ¡Os importes serán do 50% no caso de persoas traballadoras autónomas, microempresas e outras fórmulas, cando non acrediten 12 meses completos de actividade no 2021.
- Igualmente, para as persoas traballadoras autónomas de tempada, os importes serán tamén do 50%.!
Artículos relacionados que podrían interesarte