Asesoría

PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO TR890A – 2023

Asesoría Prego > Nuestro blog > Asesoría > PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO TR890A – 2023
Ayuda autonomo
  • Asesoría
  • No hay comentarios
  • Demadi

Persoas beneficiarias:

 

  • As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, no Réxime de Traballadores do Mar por conta propia ou as persoas mutualistas cuns rendementos netos por actividades económicas no 2021 entre 10.000€ e un máximo de 30.000€.

 

  • As microempresas, sociedades de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, cunha facturación no 2021 entre 000€ e 750.000€.

 

  • As persoas traballadoras autónomas de tempada de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude e que teñan estado de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no 2021 e no 2022.

 

¡As persoas autónomas que sexan, a súa vez, autónomas societarias só poderán presentar unha solicitude!

 

Requisitos das persoas e entidades beneficiarias:

Estar de alta ou en situación asimilada, mínimo 6 meses ininterrompidos antes da publicación desta axuda no RETA ou mutualidade correspondente.

 

→ Ter domicilio fiscal en Galicia

 

→ No caso das persoas traballadoras autónomas ou mutualistas, ter declarados uns rendementos netos entre 10.000€ e 30.000€ no ano 2021. → No caso de empresas, comunidades de bens ou sociedades civis, ter declarada unha facturación non superior aos 750.000€ no 2021.

 

→ No caso de contar cun establecemento fixo aberto ao público, mantelo aberto durante os 6 meses posteriores á publicación desta convocatoria.

 

Obrigas das persoas beneficiarias:

Entre as obrigas asumidas polas persoas beneficiarias, atópanse as seguintes:

 

→ No caso de persoas autónomas, manter a actividade económica e a alta no RETA, no Réxime Especial do Mar por conta propia ou como mutualista durante un mínimo de 6 meses desde a publicación desta axuda.

 

→ No caso das microempresas, sociedades de economía social, comunidades de bens e sociedades civís, manter a actividade económica durante un mínimo de 6 meses desde a publicación desta axuda.

 

Cuantía da Axuda Persoas autónomas:

  • En estimación obxectiva: 800€

 

  • En estimación directa:

Con rendementos netos no 2021 entre 10.000€ e ata 20.000€: 1.500 €

Con rendementos netos no 2021 entre 20.001€ e 30.000€:  1.200 € Microempresas, comunidades de bens ou sociedades civís:

Cunha facturación no 2021 entre 50.000€ e 250.000€:  1.500 €

Cunha facturación no 2021 entre 250.001€ e 750.000€: 1.200 €

 

 

¡Os importes serán do 50% no caso de persoas traballadoras autónomas, microempresas e outras fórmulas, cando non acrediten 12 meses completos de actividade no 2021.

Igualmente, para as persoas traballadoras autónomas de tempada, os importes serán tamén do 50%.!

Autor: Demadi